CNT-AIT de Vigo inicia conflito contra Domino's Pizza

040414 dominos
 O pasado 12 de marzo Domino's Pizza (vellos coñecidos da CNT e a AIT), empresa pertencente
no Estado español ao Grupo Zena (líder do sector de comida lixo con empresas coma Burger King,
 Foster's Hollywood...) despedía sen máis, mediante un burofax, a Emilio,
compañeiro de CNT-AIT Vigo, despois de 9 anos traballando para estes explotadores
no local que teñen na Praza da Independencia en Vigo, acusándoo do roubo de 35€,
obviamente falso, só para non ter que pagarlle a indemnización, téndoo presionado antes para que
se fose de xeito voluntario, como (que casualidade!) fixeron co traballador que desempeñaba
a súa mesma función no turno de mañá presionándoo para que marchase da empresa sen
ningún tipo de indemnización, cousa que agora si ocorreu neste caso.

A CNT non vai consentir en ningún caso nin o despedimento disciplinario por algo que urdíu
a propia empresa, nin a falta á honra dun compañeiro que xamais tivo unha infracción e só loitou
para que se respetase o convenio nesta empresa na que a tónica é o amedrantamento,
a explotación e  a violencia, como ben coñecen os compañeiros de Gijón.
A CNT non vai parar ata acadar a readmisión do noso compañeiro, porque, se nos tocan a un/ha,
nos tocan a tod@s. Solicitamos o apoio solidario a todo os sindicatos da Organización que poidan
 estar interesados no conflito que se concentren,como estamos a facer en Vigo, nos locais de
 Domino's máis achegados ás súas localidades e/ou outros que pertenzan ao Grupo Zena,
 coma Burger King, Foster's Hollywood, Cañas y Tapas...
Tamén facemos un chamamento a@s/ás consumidor@s para que non consuman
 produtos do Grupo Zena, non só porque a súa saúde llelo agradecerá, senón porque esta
é a práctica habitual dunha corporación cuns beneficios astronómicos e unhas condicións laborais
e salariais paupérrimas.Agradecendo de antemán o voso apoio e solidaridade.

Acción directa e apoio mutuo!!

Entradas populares de este blog

[Valencia] Crónica y fotos de la concentración en apoyo a los mineros

[STSI-Madrid] Despidos encubiertos en IECISA

[Entrevista] Martín Mozé, hijo de desaparecido en la dictadura argentina