PLATAFORMA EN DEFENSA DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT ven de impulsar a creación xunto con outras organizacións, dunha plataforma para tentar parar a brutal privatización que o sector forestal está a sufrir nestes ultimos anos, defenda un servizo único, non privatizado, de prevención e defensa contra os incendios forestais.
A degradación do sector, a sua ramificación e a precariedade do mesmo, provoca a excravización da clase obreira, a súa sumisión diante dos poderes fácticos da sociedade e en definitiva a sua mercantilización máis propias das feiras do gando doutras épocas.
Por estas e por moitas outras razóns a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT considera que hai que mudar moitas cousas, para acadar a dignificación e a profesionalización necesaria para que xs traballadorxs forestais melloren as súas condicións laborais.
A plataforma de recente creación trata de montarse no tempo reinvidicando causas xustas:
- A defensa dun Servizo Público, Único e Profesional de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais. Non ás privatizacións do Servizo.
- A contratación de todo o persoal realizada a través dun sistema único de listas de contratación, dentro do ámbito da función pública, e cunha valoración equitativa do tempo traballado segundo cada caso.
- A profesionalización do dispositivo e eliminación do gasto da militarización dos nosos montes.
- Por un Plano Forestal de verdadeira prevención de incendios. Queremos un traballo digno no que se fomente a prevención e a colaboración cos propietarios forestais para a conciliación de intereses como ferramenta contra os incendios forestais.
- Anticiparse ao lume significa minimizar os seus efectos, e acadar así un emprego máis estable e un sector forestal máis produtivo e xerador de riqueza nun momento tan necesario para Galicia.
- A apertura inmediata dunha Mesa de Negociación onde busquemos as solucións ao Servizo.
Coma primeira medida de presión convocase unha manifestación o día sábado 29 de Setembro que percorrerá as rúas de Compostela.
A manifestación sairá da estación de tren as 11.30h.
¡! POR UN SECTOR FORESTAL UNIDO, CONSCIENTE E COMBATIVO ¡!

Entradas populares de este blog

[Valencia] Crónica y fotos de la concentración en apoyo a los mineros

[STSI-Madrid] Despidos encubiertos en IECISA

[Entrevista] Martín Mozé, hijo de desaparecido en la dictadura argentina