CRÓNICA DA MANIFESTACIÓN DO SÁBADO 29
Sección Sindical Forestal CNT – AIT SOV de Vigo
Por un sector forestal unido, consciente e combativo!!!!
CRÓNICA DA MANIFESTACIÓN DO SÁBADO 29
O sábado 29 de 
Setembro, unha manifestación concorreu polas rúas de Compostela, 
convocada pola “Plataforma para a defensa dun servizo público, único e 
profesionalizado de prevención e defensa contra os incendios forestais”.
Uns trescentos 
manifestantes, xuntaronse nalgún momento do percorrido para apoiar este 
chamamento, ante a política de privatización e desmantelamento que se 
está a levar a cabo no Servizo de Protección e Defensa Contra Incendios 
Forestais. Numerosos colectivos sindicais e sociais, referente ao sector
 sumaronse a figurar na antedita plataforma, e entre eles a CNT.

A Plataforma acaba de 
xermolar, e a sua primeira actuación a nivel da nosa Sección Forestal 
podese considerar satisfactoria. Seguiremos, para tratar de darlle xeito
 e tentar seguir defendendo aos intereses dxs traballadorxs forestais e 
do noso patrimonio.

